Galicia empezará a chamar aos menores de 59 anos para a segunda dose de AstraZeneca na primeira semana de xuño
Por Oskar Viéitez
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este luns que "vamos a intentar en la primera semana del mes de junio" que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) poida "empezará a llamar" aos 93.000 galegos menores de 59 anos que recibiron unha primeira inxección de AstraZeneca "y que ya necesitan tomar una decisión sobre la segunda dosis".
Núñez Feijóo sinalou que "en estos momentos estamos intentando que el Ministerio de Sanidad nos concrete cuáles son las dosis de AstraZeneca que vamos a disponer para poder informar a los ciudadanos".
En declaracións aos medios durante unha comparecencia en Pontevedra, Feijóo reiterou que para aqueles cidadáns de menos de 59 anos que se vacinaron con AstraZeneca "vamos a intentar que esta segunda dosis también sea de AstraZeneca pero necesitamos que el Ministerio de Sanidad nos concrete el número de dosis disponibles".
Así a intención do Executivo autonómico é que "en el caso de que tengamos dosis para todos, les vamos a proponer vacunarse con AstraZeneca", seguindo as recomendacións da Axencia Europea do Medicamento e das sociedades científicas, e no caso de que un cidadán elixa Pfizer "estará también a disposición esa posibilidad".
É dicir, "en los menores de 59 habrá una elección del ciudadano si quiere repetir con la misma" completando a pauta de inmunización con AstraZeneca ou ben opta polo composto de Pfizer.
En canto ao consentimento informado que se pedirá ao paciente para calquera das opcións, o presidente da Xunta dixo que "todavía lo estamos concretando con el Comité Clínico pero lo más probable sea firmarlo en el mismo momento antes de dispensarle la vacuna" para evitar máis molestias aos afectados.
Relacionadas:
-
Sanidade autoriza a vacina de Janssen para a poboación entre 40 e 49 anos
Por Redacción |
-
A Xunta amplía as reunións de non conviventes a seis persoas en interior e dez en exterior
Por Oskar Viéitez |
-
O comité clínico estudará ampliar os límites ás reunións e ir "avanzando en un ocio al aire libre con más gente"
Por Oskar Viéitez |
-
Sanidade cede á presión e permitirá aos menores de 60 anos repetir con AstraZeneca
Por Alejandro Espiño |
-
Os menores de 60 anos vacinados con AstraZeneca recibirán a segunda dose de Pfizer
Por Redacción |