Mosquera admite "brotes verdes" nos Presupostos Xerais do Estado
Por Oskar Viéitez
César Mosquera, voceiro do grupo municipal do BNG en Pontevedra, compareceu en rolda de prensa para valorar o proxecto dos Orzamentos Xerais do Estado. "Intentaremos ser o máis ecuánimes posible", arrancou o edil nacionalista para valorar que as contas do Ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, deixan no grupo nacionalista un "sabor agridoce".
E explicou Mosquera, que a sensación é "agria" tras comprobar que as cantidades recollidas para a capital "son francamente escasas", que a construción da circunvalación "non terá o ritmo que sería desexable", que as partidas de Acuaes para o abastecemento de auga "son fondos Europeos". Pero especialmente preocupa que non figure nos presupostos compromisos como a mellora da estrada de Ourense, ou a remodelación do Nó de Bombeiros.
César Mosquera indicou que no grupo municipal nacionalista son conscientes da situación na que nos encontramos
Pola contra, deixou un sabor doce o "cumprimento" por parte da Ministra de Fomento, Ana Pastor, dos compromisos adquiridos co Concello, e citou a circunvalación, o desdobramento da avenida de Vigo e o abastecemento de auga aos concellos da ría.
De modo global César Mosquera indicou que no grupo nacionalista municipal son conscientes da situación na que nos encontramos de modo que se estes Presupostos "si se sacan do marco da crise na que estamos, obviamente os Orzamentos serían desastrosos" e engadiu " pero si se é consciente, ou se parte da premisa, de que o marco imposto por Bruxelas e aceptado por Madrid é o que é, é onde se ven os brotes verdes".
Finalmente César Mosquera avanzou que probablemente o Bloque Nacionalista Galego presente emendas aos Orzamentos para que, entre outros, se inclúan os compromisos de obra na estrada de Ourense e o Nó de Bombeiros "ainda que hai poucas posibilidades de éxito ao haber maoiría absoluta", concluíu.
Relacionadas:
-
Fomento expón o informe dos efectos ambientais do primeiro tramo da circunvalación
Por Oskar Viéitez |
-
Meijón valora os Presupostos Xerais como "os do engano, a estafa e a manipulación"
Por Oskar Viéitez |
-
O PP destaca que Pontevedra é a sexta provincia en volume de investimento do Ministerio de Fomento
Por Oskar Viéitez |