Vilagarcía "no tiene ni un euro para la mejora de los colegios"
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Ante os pais dos alumnos que acudiron ao salón de plenos, o goberno local de Vilagarcía comprometeuse a pedir de novo á Consellería de Educación que repare os danos que presenta o colexio de Rubiáns. Terá que ser a Xunta porque o alcalde Tomás Fole admitiu que o Concello "no tiene ni un euro para la mejora de los colegios".
Os cinco grupos que conforman a corporación mostraron o seu respaldo unánime a esta iniciativa pero no debate político do Pleno ordinario celebrado este luns viviuse unha encarnizada batalla entre os dous partidos coaligados no goberno PP e Ivil e os tres que conforman a oposición PSOE, BNG e EU.
O bipartito, a herdanza recibida, os recortes, Wert, a crise, foron os manidos argumentos esgrimidos polos políticos ante a vergonzosa realidade dun colexio con baños insalubres, desprendementos dos teitos, alumnos sen dereito a comedor nin a transporte escolar e un pavillón de deportes con goteiras.
SEGUIRÁ PAGANDO OS BANCOS
O goberno local de Vilagarcía rexeitou por ser unha "práctica non legal" a moción presentada por Esquerda Unida na que se instaba ao Concello a deixar de pagar aquelas entidades bancarias que están a executar desafiuzamentos.
Ademais un informe técnico da Tesouraría municipal advertiu de que esta medida supoñería incrementar a débeda municipal debido á penalización que aplicarían os bancos por non pagamento e intereses de demora.
Cun forte aplauso foi recibido Manuel Méndez, tras tomar posesión da súa acta de concelleiro, incormorándose aos escanos do grupo municipal do Partido Popular. Méndez, que asume o cargo tras a dimisión do edil Francisco González, ten 29 anos e traballa na empresa familiar de transporte.