
© Xunta de Galicia
Avanzan os traballos nas zonas verdes da senda entre Portonovo e A Lanzada

Por Redacción
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade informa de que está ultimando a execución dos traballos de acondicionamento das zonas verdes iniciados o pasado 14 de abril na senda da estrada autonómica PO-308, entre Portonovo e A Lanzada, no concello de Sanxenxo.
Ademais, aproveitando as tarefas de mantemento que se están a executar nas beiras das estradas autonómicas da provincia, a Xunta está a levar a cabo tarefas de axardinamento no itinerario peonil e ciclista deste tramo da vía autonómica.
Estes traballos, que contan cun investimento de preto de 95.000 euros, permiten tamén o acondicionamento da banda axardinada da senda para colocar plantas. Precisamente nestes días estase a comezar a malla e plantado da especie agapanto, de cores branca e azul.
A obra inclúe outras actuacións, como a realización de xeito previo do compactado do terreo das zonas axardinadas, a achega e estendido de terra vexetal e a revexetación por hidrosementeira con mestura de sementes herbáceas.
Unha vez remate a obra, o Concello de Sanxenxo asumirá o mantemento destas novas zonas axardinadas.
Relacionadas:
-
Feijóo sinala como exemplo de mobilidade segura ás sendas da PO-308 entre Poio e Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Acondicionan as zonas verdes da nova senda da PO-308 entre Portonovo e A Lanzada
Por Redacción |
-
A senda peonil entre Noalla e a praia da Lanzada custará 760.000 euros
Por Redacción |
-
Medio Ambiente apoirá a construción dunha senda no Río Dorrón
Por Redacción |