Vaipolorío súmase á limpeza simultánea do Proxecto Ríos e retira 600 quilos de lixo do Gafos
Por Redacción
A sexta limpeza simultánea de ríos en Galicia "Móllate polos ríos" celebrouse este sábado en 41 municipios da comunidade, entre os que se incluíu unha vez máis Pontevedra grazas á asociación Vaipolorío.
Voluntarios deste colectivo realizaron unha marcha pola beira do río Gafos na que chegaron a recoller ata 600 quilogramos de lixo.
Entre os refugallos, como é habitual neste tipo de xornadas, abundaron os obxectos de plástico como botellas, garrafas ou bolsas.
Nesta actividade, organizada por Adega e incluída dentro do Proxecto Ríos, financiado por Augas de Galicia e a Consellería de Medio, Territorio e Infraestruturas, participaron 51 entidades entre asociacións, comunidades de montes, colectivos ecoloxistas, centros de ensino ou concellos.
Os cálculos dos organizadores sitúan a cantidade total de residuos retirada dos ríos en aproximadamente nove toneladas.