Os veciños de Vilarchán gozan do novo parque biosaludable
Por Redacción
O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, inaugurou en compañía dos veciños o parque biosaludable instalado no lugar de Vilarchán composto por varios aparatos para a práctica de ximnasia de mantemento.
O lugar elixido para a súa situación está próxima ao Centro Sociocultural e á carballeira de Vilarchán onde tamén existe un parque infantil ao que agora se lle dotará de dous bancos públicos e unha papeleira, tal e como lle solicitaron o alcalde os veciños da zona.
Os elementos instalados na zona anexa á carballeira de Vilarchán están especialmente deseñados para favorecer a práctica de deporte entre as persoas maiores adaptando cada movemento ás necesidades psicomotrices dos usuarios.