A Garda Civil incauta sete plantas de marihuana nun invernadoiro de Cambados
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Garda Civil incautou este xoves 16 plantas de marihuana nas localidades de Nigrán, Cambados e Valga e imputou aos seus propietarios e coidadores un delito contra a saúde pública por cultivo de substancias estupefacientes. No caso concreto da localidade do Salnés, os axentes localizaron nun invernadoiro cinco plantas de marihuana de gran tamaño e outras dúas xa cortadas e en proceso de secado.
Este invernadoiro atopábase nunha leira anexa ao domicilio de I.O.M., de 49 anos de idade e veciña de Cambados, a cal recoñeceu ser a propietaria e cuidadora de ditas plantas, polo que se procedeu á súa imputación por un delito contra a saúde pública e á incautación das referidas plantas.
A muller terá que comparecer no Xulgado de Instrución número 1 de Cambados cando sexa requirida para iso. As plantas intervidas tamén foron entregadas á autoridade xudicial.