Aprobado por unanimidade do plan especial de dotacións da zona de Valdarrosa
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Ponte Caldelas acordou por unanimidade a aprobación provisional do Plan Especial de Dotacións dos terreos do ámbito do Instituto, cunha extensión de 3.147,43 metros cadrados, para posibilitar no futuro a construción dun Auditorio.
Con este plan, o alcalde, Perfecto Rodríguez, quere aproveitar estes momentos de austeridade e dificultade económica, nos que é moi difícil conseguir financiamento para poñer en marcha proxectos investidores desta envergadura.
A intención do rexedor municipal unha vez aprobado o Plan definitivamente é negociar coa Comunidade de Montes de Cuñas a adquisición dos terreos a un prezo razoable co fin de que o Concello dispoña dos oportunos terreos no caso de que nun futuro próximo se puidese afrontar este grande investimento en infraestruturas culturais que tanto demanda a cidadanía e do que carece este municipio.
FESTIVOS LOCAIS
Por outra parte, a Corporación Municipal decidiu, por maioría dos votos do PP e BNG, manter os festivos locais nos mércores de Cinza e das Dores tal e como se vén facendo tradicionalmente no municipio, a pesar de coincidir o 5 de marzo coa celebración de mercado en Ponte Caldelas. Valorouse a posibilidade de cambiar esta data, pero ante as dúbidas no colectivo de comerciantes da vila, a falta dunha alternativa clara e a vontade de manter coincidir co resto da bisbarra nos días de descanso, decidiuse mantelos como estaban.