Barro xa ten a súa propia asociación de empresarios
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A asociación de empresarios de Barro, AsemBarro, constituíuse de maneira oficial o 22 de marzo. Despois de varios contactos telemáticos, os integrantes do colectivo reuníronse de forma presencial para formalizar a súa constitución como asociación.
AsemBarro centrarase inicialmente en promover a adhesión de asociados entre as empresas e autónomos locais e de ofrecerlles información sobre as axudas convocadas para aliviar os efectos da pandemia.
Para iso contarán cos servizos dunha avogada especialista en dereito económico que realizará a función de asesoramento para tramitar as posibles axudas dos diversos estamentos públicos.
Así mesmo, organizarán tamén campañas de dinamización do comercio e a hostalería, cursos, eventos e outro tipo de accións dirixidas a xerar sinerxias comerciais e a colaboración entre empresas.
O primeiro presidente deste colectivo será Jesús Moreira, que é propietario dunha empresa do sector servizos. A directiva compóñena empresarios locais do sector da hostalería, o salón de peiteado, a lavandería, a alimentación e o téxtil. Forman parte da ela catro homes e catro mulleres.