Poio convoca unha reunión telemática cos sectores afectados polos peches sanitarios
Por Redacción
O equipo de goberno convocou unha reunión, que se levará a cabo vía telemática, cos sectores máis afectados polos peches e limitacións de actividade, derivados das medidas restritivas aplicadas pola Xunta de Galicia para tratar de frear o impacto da pandemia da covid-19.
Os dirixentes municipais adiantan que esta cita se levará a cabo o vindeiro xoves, 11 de marzo, a partires das 19.00 horas.
Entre os temas a tratar tamén figuran a valoración de axudas directas e programas de apoio que se realizarán por parte do Concello e da Deputación, así como unha proposta de reparto dos fondos que a institución provincial outorga aos concellos para tratar de paliar o impacto negativo da crise sanitaria.
Está previsto que nesta reunión telemática participen, ademais de integrantes do goberno municipal, representantes da asociación Hoempo e de Hoteleiros de Poio. En todo caso, o Concello invita a todos aqueles profesionais de sectores que sufriron un cese de actividade a tomar parte neste encontro.
As persoas interesadas en facelo pódense poñer en contacto coa administración local enviando un correo á dirección participa@concellopoio.gal, a través do cal deberán achegar unha dirección de mail á que poderlle enviar a ligazón para acceder a reunión.