O PP de Poio pide ao goberno local que aclare se vai colaborar no plan de rescate á hostalería da Xunta
Por Redacción
O Partido Popular de Poio pregunta ao goberno local se vai colaborar no rescate á hostalería posto en marcha pola Xunta de Galicia adheríndose ao mecanismo de repartición de fondos ofrecido polo executivo autonómico.
A concelleira popular, Rocío Cochón, sinala que moitos concellos da contorna, "de todas as cores políticas", xa confirmaron a súa participación nesta segunda convocatoria ou, con fondos propios, xa concederon axudas directas aos empresarios máis afectados. "Pero Poio aínda non deu sinais de vida", declara a edila.
O primeiro plan de rescate serviu para repartir 322.000 euros entre 188 empresas de hostalería do municipio. O segundo plan de axuda da Xunta atópase xa en marcha e está dotado con 75 millóns de euros e está aberto a outros sectores como o de parques infantís ou feirantes, entre outros, explica Cochón.
Unha das particularidades desta liña de axudas é que as adminsitraciones locais tamén poden sumars. Trátase dun sistema que permitirá aos hostaleiros de cada municipio recibir axudas de 1.000 euros do seu Concello ademais das que lle correspondan da liña autonómica.
Despois de denunciar que o orzamento municipal non inclúe ningunha partida para ofrecer axudas directas aos autónomos da hostalería, Cochón esixe ao goberno local que "aclare vai participar ou non no rescate á hostalería. Os veciños teñen dereito a saber que administracións esfórzanse por axudar e cales nin están nin se lles espera", rematou.
Relacionadas:
-
Poio destinará 150.000 euros en axudas directas para os sectores máis castigados polas restricións
Por Redacción |
-
Poio convoca unha reunión telemática cos sectores afectados polos peches sanitarios
Por Redacción |
-
A Xunta amplía as axudas a unha hostelería que intensifica as movilizacións
Por Manu Otero |