O proxecto de ampliación de abastecemento de auga beneficiará a 18 vivendas de Macenlle
Por Redacción
O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, visitou este venres as obras de ampliación de abastecemento de auga a través da traída municipal no núcleo de Macenlle.
Con este proxecto, realizado polo Concello de Marín en colaboración coa comunidade de montes de San Xulián e a plataforma veciñal, un total de 18 vivendas beneficiaranse e poderán contar con este servizo previa solicitude de alta.
Durante a visita, a veciñanza mostrouse moi agradecida pola realización desta actuación, "xa que as súas traídas e pozos durante o verán notábanse mermados pola sequía", asegurou Novas, que á súa vez quixo agradecer á comunidade de montes e á plataforma "a boa sintonía, que nos leva a unir forzas para sacar adiante proxectos que redundan nunha mellora da calidade de vida da veciñanza".
As obras teñen un custo total de 20.255,40 euros, dos cales o 60% foron aportados polo Concello, e o 40% restante pola comunidade de montes.