O PP de Ponte Caldelas critica a "angustiosa" lista de espera do Servizo de Axuda non Fogar
Por Redacción
O grupo municipal do PPdeG de Ponte Caldelas considera "lamentable e unha clara mostra de desinterese indignante" o feito de que o alcalde Andrés Díaz manteña unha lista de espera "angustiosa" dunha vintena de persoas para ser incluídas no Servizo de Axuda non Fogar (SAF) mentres "segue sen usar as horas que lle outorga a Xunta", argumentando que deberían ser subvencionadas ao 100%.
O PPdeG cualifica de "indignante" que persoas en situación de dependencia extrema estean sen atender "pola falta de xestión do grupo de goberno e a teimosía do alcalde".
Os concelleiros do PP levan denunciando esta situación en reiterados plenos onde evidencian "unha situación tan anómala como é que exista unha lista de espera de persoas en situación de especial vulnerabilidade que precisan acollerse ao SAF e, pola contra, o Concello siga sen esgotar as horas que ten asignadas e mesmo rexeite as suplementaciones da Xunta pola Covid-19 e tamén agora cando a Administración autonómica ampliou en máis de 463.000 horas anuais o cómputo que asigna a 32 concellos da provincia".
Os populares acusan o goberno local de Ponte Caldelas de "falta de sensibilidade e capacidade de xestionar os recursos públicos en materia social prexudicando gravemente o benestar e as necesidades de asistencia a persoas dependentes que, en moitos casos, non teñen nin recursos nin posibilidades de ser asistidos doutro xeito".
Relacionadas:
-
Andrés Díaz responde ás críticas sobre os retrasos no Servizo de Axuda no Fogar
Por Redacción |
-
58 profesionais do Servizo de Axuda no Fogar vacinanse coa AstraZeneca en Montecelo
Por Redacción |
-
O PSOE provincial esixe á Xunta que asuma o "custo real" do Servizo de Axuda no Fogar
Por Redacción |
-
A Xunta amplía as horas de axuda no fogar para dependentes en Vilagarcía, O Grove, Cambados, A Illa, Meaño, Meis e Ribadumia
Por Redacción |