O centro de atención a persoas con Alzheimer da Finca de Briz ten seis prazas dispoñibles
Por Redacción
O Concello de Marín, no seu compromiso na atención aos maiores durante a pandemia, ten en funcionamento un centro terapéutico para as persoas con Alzheimer na Finca de Briz que xestiona a asociación Afapo.
Despois do parón polo confinamento de marzo, o centro puido recuperar a súa actividade cumprindo con todas as medidas de prevención. Agora o centro pon en marcha un novo curso con 14 usuarios rexistrados pero conta aínda con 6 prazas dispoñibles.
Desde o goberno local informan que aquelas familias que teñan interese en beneficiarse deste servizo gratuíto poden poñerse en contacto con Anfapo (986 16 04 42 ó 986 84 21 41). Antes de adxudicar a vacante, os profesionais da entidade realizarán unha valoración do paciente para coñecer o nivel de progresión da enfermidade da persoa para poder prestar un asesoramento personalizado.