O centro terapéutico de Briz reabre as súas portas con 12 usuarios
Por Redacción
Despois dun tempo pechado debido á situación sanitaria, o Centro Terapéutico posto en marcha por Afapo (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de la provincia de Pontevedra) en colaboración co Concello de Marín volve abrir as súas portas.
Trátase dun servizo gratuíto que se presta desde a Finca de Briz e que supón unha ferramenta fundamental para o tratamento e o mantemento de pacientes que padecen esta enfermidade, xa que alí poden traballar as súas capacidades con terapeutas especializados.
Na súa volta á actividade contarán con dous grupos. O primeiro de 10.00 a 11.30 horas con 7 usuarios e o segundo de 12.00 a 13.30 con 5 usuarios máis.
Afapo conta actualmente con cinco persoas pendentes de valoración por parte do seu servizo médico antes de poder incorporalas ao centro.
As familias que teñan interese en ocupar algunha destas prazas vacantes poden chamar, en horario de mañá, aos teléfonos 986 84 21 41 ou 986 16 04 42.
Relacionadas:
-
A deputada de Cohesión Social visita os talleres para persoas enfermas de Alzheimer do Salnés
Por Redacción |
-
O centro de atención a persoas con Alzheimer da Finca de Briz ten seis prazas dispoñibles
Por Redacción |
-
O centro terapéutico de Briz para persoas con alzhéimer aumentará o seu servizo aos usuarios
Por Redacción |