O Concello prepara un novo plan de mobilidade na contorna dos centros sanitarios
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O concelleiro de Ordenación urbana, César Mosquera, avanzou que o goberno local está a traballar nun programa para resolver os problemas de tráfico que se presentan nos Centros de saúde de Pontevedra. O edil sinalou que edificios como o do Centro de saúde da Peregrina, o da Parda, Lérez ou o da Casa do Mar de Mollabao ofrecen unha serie de problemas de estacionamento e de circulación que precisan unha solución na que se está a traballar.
Evitou sinalar, polo momento, en que consistirán as medidas que se van adoptar e cando se anunciarían. Mosquera indicou que, non obstante, o Hospital Provincial ou o Hospital Domínguez, ambos os dous situados no centro da cidade non presentan problemas neste sentido.
O concelleiro presentou, ademais, un mapa que cualificou de "moi completo" de Pontevedra centrado no enfoque de mobilidade pola cidade con apartados sobre a circulación a pé ou en bicicleta, a rede de aparcaminetos, a circulación de vehículos de motor e o transporte público.