Preocupante aumento das hospitalizacións por covid-19: 50 en planta e once na UCI
Por Alejandro Espiño
Segue o aumento o número de pacientes ingresados na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés tras infectarse coa covid-19. Hai 61 persoas que reciben atención hospitalaria. Son cinco máis que onte. A presión asistencial comeza a ser preocupante.
A maior parte deles, un total de 36, están en planta do Hospital Montecelo. Catorce están no Hospital do Salnés e non hai ningún no hospital QuirónSalud Miguel Domínguez.
Once persoas atópanse ingresados na unidade de coidados críticos (UCI) de Montecelo. Son os pacientes máis graves da covid-19 na área sanitaria.
O resto dos que contraeron o virus, outras 805 persoas, atópanse illadas nos seus domicilios e recuperándose baixo supervisión médica.
Nas últimas 24 horas detectáronse 37 novos contaxios, o que sitúa o número de casos activos en 866. Son trinta menos que onte.
Desde o inicio da pandemia 5.879 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19, 67 nas últimas 24 horas, e rexistráronse 77 falecementos asociados ao virus.
En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 111.937, 742 nas últimas horas. A estas probas súmanse as 45.905 seroloxías realizadas ata a data.
A nivel autonómico a Dirección Xeral de Saúde Pública informa que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.508, 101 menos que o día anterior. Deles 860 son da área da Coruña, 397 da de Lugo, 525 da de Ourense, 866 da de Pontevedra, 1.177 da área de Vigo, 1.347 da de Santiago e 336 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 58 están en UCI, 295 en unidades de hospitalización e 5.155 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 54.795 persoas curadas, rexistrándose 1.370 falecementos.
Desde o inicio da pandemia realizáronse en Galicia 1.096.748 probas PCR e 444.058 probas serolóxicas que, nas últimas 24 horas, permitiron detectar a 277 infectados.
Relacionadas:
-
Lixeiro descenso de casos de covid-19 en Pontevedra, Poio e Sanxenxo mentres seguen medrando en Marín, Bueu e Barro
Por Natalia Puga |
-
Nieves Cabo, primeira galega en recibir a vacina da covid-19: "Estou contentísima"
Por Alejandro Espiño |
-
Aumentan a once os pacientes con covid-19 na UCI de Montecelo
Por Alejandro Espiño |
-
A covid-19 dá un respiro a Pontevedra e Marín pero preocupa o seu aumento en Poio, Bueu e Barro
Por Redacción |