Defensa recruta en Pontevedra a 74 aspirantes a Tropa e Mariñeiría Profesional
Por Redacción
O Ministerio de Defensa recrutou en Pontevedra a 74 aspirantes a Tropa e Mariñeiría Profesional. O segundo e último ciclo do proceso selectivo 2020 para o ingreso como Militar Profesional pechouse o pasado 18 de decembro.
Para este segundo ciclo do ano, recibíronse no Centro de Selección da Subdelegación de Defensa na nosa provincia 320 solicitudes para tomar parte no proceso. Finalizado o mesmo, 62 pontevedreses obtiveron praza. Igualmente foron seleccionados no Centro de Selección de Pontevedra un total de 12 solicitantes procedentes da provincia de Ourense, que fan un total de 74 seleccionados.
Deles, 56 irán a unidades do Exército de Terra, 8 á Armada e 10 ao Exército do Aire.
As 74 prazas agora asignadas únense ás 66 do primeiro ciclo do ano para lanzar o dato dun total de 140 cidadáns que superaron o proceso selectivo no Centro de Selección de Pontevedra. O Ministerio de Defensa prevé o anuncio dunha nova convocatoria nos primeiros meses do ano 2021.
Desde o Ministerio de Defensa reiteran que as Forzas Armadas "proporcionan unha profesión de futuro onde se poden continuar os estudos", xa que se obteñen títulos do sistema educativo xeral (de Grao para as escalas de oficiais e de Técnico Superior nas escalas de suboficiais).