Hoempo solicita ao Concello que a axuda municipal sexa retroactiva para investimentos realizados pola hostalería en 2019 e 2020
Por Redacción
A asociación de hostaleiros de Pontevedra Hoempo expuxo este venres a súa postura despois de manter a reunión con tres concelleiras do goberno local de Pontevedra, Anabel Gulías, Eva Vilaverde e Yoya Blanco.
Por parte de Hoempo participaron o presidente Víctor Pampín, Ángel Sorey, Elena Vitoria e Dani Lorenzo, que se atopa entre o grupo de 7 hostaleiros que van camiñando cara a Madrid reclamando o Rescate á Hostalería e conectábase a través de vía telemática, Estes empresarios manteñen a súa petición de medidas de axuda ao Concello pontevedrés.
Os representantes de Hoempo afirman que renuncian a tratar a taxa da auga, pero reclaman a exención total da taxa de veladores e de lixos. Sosteñen que o sector se atopa ferido de morte afectando a miles de familias que viven directa e indirectamente destes negocios. No encontro afirman que suxeriron no caso da taxa de lixo unha equiparación á do consumo doméstico e insistiron en pedirlle ás representantes municipais que "repensen" a súa postura. Neste sentido, indican que a portavoz municipal Anabel Gulías dixo que non se descarta esa posibilidade durante a reunión.
En canto ás axudas municipais de Supera 21, desde Hoempo consideran que o concepto destas subvencións é erróneo porque as realidades actuais destas empresas atópase na necesidade de liquidez para enfrontarse aos seus gastos e sobrevivir. Piden medidas para evitar o peche. As axudas municipais céntranse en achegar diñeiro a través do investimento nos establecementos. Ante esta situación, desde o colectivo solicitan que a axuda sexa de carácter retroactivo para os investimentos que se realizaron en 2019 e 2020. Lembran que o sector durante este ano apenas fixo investimentos. Tamén solicitan que o domicilio para as axudas sexa físico e non fiscal.
Por último, Hoempo demanda ao Concello que dote de orzamento extra á concellería de benestar Social para realizar axudas de Emerxencia social e familiar ao prever que este 2021 será especialmente duro para moitas familias que viven da hostalería.
Relacionadas:
-
Pontevedra amplía ata as 2 da madrugada o horario dos veladores durante o Entroido
Por Redacción |
-
O Equipo Rescate Hostelería volve ás estradas este xoves camiño de Santiago para pedir axudas á Xunta
Por Redacción |
-
"Agotados pero ilusionados", os integrantes de 'Equipo Rescate Hostelería' xa están dispostos a tomar Madrid
Por Redacción |
-
O 'equipo rescate hostalería' avanza no seu roteiro con recepcións de apoio e colaboracións do sector
Por Redacción |
-
Once hostaleiros peregrinan a Madrid para chamar a atención sobre a "ruína" do sector: "estamos hasta las pelotas"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |