Atropelan unha menor na circunvalación de Cuntis
Por Redacción
Segundo informou o 112 unha nena de nove anos foi atropelada este luns tras ser atropelada na circunvalación de Cuntis.
A menor foi trasladada á unidade de pediatría do Hospital Provincial con feridas leves.
Segundo testido presenciais a nena cruzou a rúa sen poñer atención ao tráfico sendo arrastrada polo vehículo. A condutora nada puido facer por evitar o atropelo.
Dende o 112 alertouse Urxencias Médicas, Garda Civil e Policía Local de Cuntis.