Unha persoa resulta ferida nunha saída de vía en Aios

Por Redacción
O Concello de Sanxenxo informou este venres dun accidente de tráfico rexistrado na popularmente coñecida como a vía rápida do Salnés, principal entrada e saída de vehículos á praia da Lanzada e á península do Grove.
O sinistro tivo lugar á altura de Aios.
Por causas que se descoñecen un vehículo saíuse da vía e terminou envorcando.
Como consecuencia do accidente hai unha persoa ferida leve.