Ilustracións de portas históricas de Marín marcarán o paso dos meses de 2021
Por Redacción
A arte e os recordos fúndense nas ilustracións que a artista María Sancho realizou despois do confinamento daquelas portas de Marín que lle trasladaban ás vivencias da súa infancia. Esas láminas convertéronse agora nas follas mensuais dun almanaque único.
A publicación fai un percorrido pola historia común de toda a sociedade marinense e que destaca aqueles espazos que forman parte da infancia da artista e que, segundo explicou, ela quixo "retratar con todo o respecto e o cariño".
A Igrexa Vella, a Rúa da Roda, A Navarra, o colexio da Inmaculada ou O Caixón son algúns dos puntos cuxas portas de entrada tomaron vida da man de Sancho e que se poderán ver, segundo adiantou a alcaldesa, nunha exposición no Museo Manuel Torres proximamente.
María Ramallo felicitou á artista polo seu traballo "excepcional" e que ten un valor artístico "enorme". Estas creacións servirán para páxina a cada mes de 2021 e, ademais, poderían formar parte dun proxecto artístico máis ambicioso.