
© Xunta de Galicia
A Xunta dá por rematadas as obras de mellora da PO-235 entre Antas e Seixido

Por Redacción
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, comprobou este martes a finalización das obras de mellora na estrada PO-235 ao seu paso polo Concello da Lama na que se reforzou a seguridade viaria nun tramo de 5 quilómetros entre Antes e Seixido.
A falta de pequenos detalles para o seu remate, a obra consistiu na ampliación da calzada ata os 6,5 metros de ancho con dous carrís de tres metros e beiravías. Ademais, foron rectificadas unha ducia de curvas, que hora teñen un radio menor. Tamén se perfilaron varios noiros, executáronse cunetas transitables e estendeuse unha nova capa de rodadura naquelas zonas onde era necesaria.
Os traballos comezaron no mes de marzo cun orzamento de 1,5 millóns e súmanse ás obras xa ejecutdas no 2018. Ademais, a conselleira avanzou que xa se atopa en fase de redacción unha terceira fase de actuación que permitirá completar o acondicionamento da estrada ata o final do termo municipal da Lama.