25N | Marín chama á unidade ante as cifras "inaguantables" da violencia machista
Por Redacción
Marín convocou este xoves un minuto de silencio diante da casa consistorial para conmemorar o 25 de novembro, o Día Internacional da Eliminación de Violencia sobre a Muller, para mostrar o seu rexeitamento a todo tipo de violencia machista.
Neste acto, que estivo presidido pola alcaldesa de Marín, María Ramallo, participaron os representantes do Consello Municipal da Muller ou da Mesa Contra a Violencia de Xénero, así como membros da corporación municipal e traballadores do propio Concello.
Os asistentes sinalaron que "é necesario" que toda a sociedade amose a súa unión contra esta lacra social que, segundo recordaron, "non entende de pandemias" e rexistra a diario cifras "inaguantables".
"Este ano foi especialmente difícil", destacou Ramallo, xa que á situación "vulnerable" das mulleres está o "factor engadido" da covid-19, que provocou un maior illamento social das vítimas e unha maior dificultade para que estas poidan pedir axuda.
A alcaldesa recoñeceu que as administracións "temos que ser máis sensibles" ante esta situación e transmitirlle ás vítimas que a súa liberdade "comeza ao outro lado do medo".
A programación conmemorativa deste 25N en Marín incluíu unha intervención artística de teatro espontáneo no que se puido ver o banco da igualdade que logo quedará radicado en Briz. A través da arte, tratouse de visibilizar a lacra machista e as súas consecuencias.
Relacionadas:
-
'Vestindo o Ravachol', o concurso artístico infantil que pon en marcha o Museo de Pontevedra neste Entroido
Por Isabel Feijóo Gallardo |
-
Na procura dun lema estudantil en defensa da muller para os novos bancos da igualdade
Por Redacción |
-
Marín prepara a declaración do 8M como homenaxe ás mulleres en primeira liña da pandemia
Por Redacción |
-
Marín centrará o seu 8M nas consecuencias da pandemia sobre a muller
Por Redacción |
-
Marín e Bueu fan un chamamento á concienciación da cidadanía contra o machismo
Por Oskar Viéitez |
-
Cacerolada en Marín no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres
Por Redacción |
-
En Marín o 25N será "máis dixital, artístico e comprometido ca nunca"
Por Oskar Viéitez |