Un traballador, evacuado en helicóptero tras caer dende unha altura duns sete metros en Campo Lameiro
Por Redacción
Un traballador tivo que ser evacuado nun helicóptero e trasladado ao Hospital Montecelo de Pontevedra tras sufrir un accidente laboral en Campo Lameiro.
Segundo indicou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, a alerta deuna un particular, que chamou ás 9.18 horas deste venres indicando que o traballador dunha empresa caera dun tellado na zona de Praderrei.
Segundo indicou a Garia Civil, o tellado de uralita e o home caiu dende unha altura duns sete metros. Trátase dun veciño de Campo Lameiro que estaba consciente e se queixaba de diversos golpes e lesións.
Ata o lugar foi desprazado un helicóptero do 112, que procedeu ao seu traslado a Montecelo. Tamén acudiron o Grupo de Emerxencias da Estrada e a Garda Civil, que abriu unha investigación para aclarar as circunstancias nas que se produciu o acccidente.
Ademais, de madrugada, sobre as 5.40 horas, un particular alertou o 112 por un traballador que caera dunha estada no interior dunha fábrica situada na rúa Matrices de Vilagarcía de Arousa.