Posta a punto de cinco estradas da comarca de Pontevedra
Por Redacción
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este mércores a mellora de cinco estradas da comarca de Pontevedra: tres en Cotobade, e unha estrada en Pontevedra, e Caldas-Moraña.
En Cotobade, na E.P 0410 Igrexa-Loureiro, E.P 0408 Paraños-Trabazo e E.P 0409 Carballedo-Trabazo. En Pontevedra na E.P 0004 Marcón-Pintos A Reigosa, e no concellos de Caldas-Moraña sobre a E.P 8201 Moraña-Santa Xusta.
A importante densidade de tráfico que soportan as estradas da provincia durante todo o ano, provoca que o pavimento na zona de circulación se deteriore polo continuo paso de vehículos, de aí o compromiso da Deputación por resolver os problemas que isto ocasiona e reducir o nivel de sinistralidade na comarca.
Uns traballos que sen dúbida redundarán nunha maior calidade de vida dos condutores que a diario circulan por estas estradas, e que mellorarán a seguridade viaria, sobre todo naqueles tramos onde existe maior perigo.