Morre unha muller de 66 anos hospitalizada en Montecelo elevando a 23 a cifra de falecidos polo virus nesta área
Por Oskar Viéitez
A Consellería de Sanidade comunicou este mércores catro falecementos por covid-19 en Galicia, un deles é unha muller de 66 anos que estaba ingresada no Hospital Montecelo e que presentaba patoloxías previas.
Trátase da vítima mortal número 23 na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés desde que comezou a pandemia.
Segundo os datos oficiais, en Galicia elévanse a 773 as mortes relacionadas coa covid-19.
As outras tres persoas falecidas este mércores foron unha muller de 91 anos e un home de 81 ingresados no Hospital de Verín e unha muller de 90 que estaban no Complexo Hospitalario de Vigo. Todos tiñan patoloxías previas.
Na cidade de Pontevedra os casos activos sitúanse en 264, son 17 menos que este martes.