Poio programa cursos formativos para desempregados e persoas en risco de exclusión social
Por Redacción
O Concello de Poio programa durante o mes de outubro varias iniciativas formativas para persoas desempregadas ou en risco de exclusión social. Trátase de talleres impulsados pola Rede Araña que se impartirán na aula Cemir de Combarro. Os interesados en participar poden solicitar praza a través do teléfono do Concello.
A oferta formativa inclúe cursos en competencias dixitais, redes sociais encamiñadas a facilitar a procura de emprego. Haberá tamén cursos deste tipo específicos para mulleres, Ademais programan tamén un curso para mozos emprendedores que centrado no desenvolvemento de ideas de negocio e asesoramento para elaborar un plan de empresa.
Ademais, a aula Cemit mantén a súa habitual programación mensual con cursos de iniciación a programas de folla de cálculo, xestión de imaxes a través do programa GIMP, compras seguras a través de Internet, manexo de teléfonosm iniciación á infromáticam community manager ou posicionamento SÉ.