Unha manda de golfiños fai as delicias dos veraneantes das Rías Baixas
Por Oskar Viéitez
A presenza de golfiños na ría de Pontevedra estase a converter en todo un aliciente para os turistas. Unha manada destes cetáceos está a facer as delicias de propios e estraños. Convertéronse nunha foto obrigada para quen embarca ata a illa de Ons. Os expertos apuntan que se trata dunha colonia estable e resulta perfectamente visible dende puntos como Combarro ou Mogor, ata a bocana da ría. En ocasións achéganse moito ás praias.
Dende a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma), levan varios anos elaborando un censo destes animais, en colaboración coa Xunta, mediante a identificación das aletas superiores.
Segundo explican dende esta ONG, as aletas dos exemplares adultos son todas distintas porque cicatrices e outras marcas son sinais inequívocos dun exemplar. Polo momento chegaron a distinguir uns 300 individuos en toda a costa galega, a metade da poboación estimada na Comunidade.
Ademais os exemplares varados na costa ao longo dos anos permitiron aos expertos concluír que o litoral de Galicia acolle 22 especies diferentes de cetáceos.
Máis da metade dos avistamentos corresponden a delfíns comúns seguidos do delfín mular (arroaces), a marsopa común, o delfín listado, o caldeirón común e o delfín gris.