Google Maps chega ao Centro Histórico e a novas zonas da cidade de Pontevedra
Por Redacción
- ¡Anda, aí están os de Google!
- A saber que estarán facendo?
Pois moi sinxelo. Aumentando a cobertura do seu servizo de Google Maps. Esa conversación, que tivo lugar na Praza de España, mostra a curiosidade que espertou este martes o vehículo da compañía. Estivo circulando, principalmente, polo Centro Histórico de Pontevedra, unha das zonas que estaban 'en sombra'. ÿ dicir, non se podía percorrer a través deste servizo por Internet.
"Pediron autorización para gravar no centro histórico", explicou a concelleira de Seguridade Cidadá, Carme da Silva, xa que ao ser zona peonil non podían circular por ela. Afirmou que as imaxes "probablemente van estar condicionadas" polas estruturas que xa se empezaron a instalar para a Feira Franca.
Ademais, o Concello de Pontevedra suxeriu a Google que circulase por outras zonas da cidade de recente apertura e que aínda non se rexistraran. Niso estarán durante todo o día.
A presenza do coche de Google non é unha novidade en Pontevedra. Hai uns meses foi visto xa pola cidade gravando imaxes do entramado urbano pontevedrés para que a experiencia de navegar desde casa por Pontevedra sexa o máis próxima posible.