Saudade á camara! O coche de Google está na cidade
Por Redacción
Será polos erros detectados no iPhone 5, que situaban nos seus mapas, entre outros fallos, a praia del Sardinero nunha rúa de Madrid? Será polos continuos cambios nas direccións das rúas en Pontevedra? Sexa como sexa, Google non está disposto a que nos perdamos cos seus mapas.
Por iso é polo que moitos pontevedreses presenciaron esta imaxe por Pontevedra. O coche de Google Maps percorrendo as rúas da cidade. Buscan así aumentar a fidelidade das localizaciones nos seus mapas, unha das súas aplicacións máis utilizadas.
PontevedraViva localizouno na rúa Loureiro Crespo, xusto diante do Hospital Provincial. O coche, cun aparatoso mástil cheo de cámaras e unha discreta pegatina de Google, circulou durante toda a mañá pola cidade, fotografando todo o que se lle cruzou polo camiño.
Todas estas fotografías en alta resolución permiten engadir unha visión a pé de rúa á cartografía dos programas de procura xeográfica Google Maps e Google Earth. Grazas a este servizo é posible darse un paseo visual por calquera desas rúas sen saír de casa.
Esperaremos ansiosos a ver os resultados.