O Concello de Pontevedra critica a "confluencia de intereses" entre Ence e o Goberno galego
Por Oskar Viéitez
O voceiro do goberno local, Agustín Fernández, sinalou que, quince días despois da primeira incidencia e nove días despois da segunda avaría no complexo industrial de ENCE en Lourizán, o Concello de Pontevedra "non ten máis datos que os que a empresa filtra".
Fernández reiterou que "algo saíu á atmosfera que non era vapor de auga", baseándose no "feito obxectivo" de que "en Pontevedra uliu mal".
O edil socialista volveu instar a empresa a "asumir que algo pasou e deixar de culpar o concello".
Tamén volveu acusar a Xunta de "esconder a súa responsabilidade e non actuar coa présa e a profundidade que debería".
Agustín Fernández sostén que esa actitude se debe á "confluencia de intereses" entre Ence e o Goberno galego.
Relacionadas:
-
Cúmprese medio século dende que Franco inaugurou ENCE
Por Oskar Viéitez |
-
Lores responde a ENCE: "Cando o fume sae ao aire e cheira, leva substancias. Non é vapor de auga"
Por Alejandro Espiño |
-
ENCE advirte a Lores que o seu descoñecemento sobre a factoría "non o autoriza a mentir nin a alarmar"
Por Oskar Viéitez |
-
Carme da Silva sobre ENCE: "Chernobil tamén era a central máis segura do mundo ata que non o foi"
Por Alejandro Espiño |