Sindicatos do Ensino advirten que cinco institutos de Pontevedra recorrerán á semipresencialidade durante o curso
Por Redacción
Este 16 de setembro estaba previsto o inicio de curso nos centros de ensinos medios e os sindicatos CIG-Ensino, CC.OO.-Ensino, STEG e CSIF convocaran unha folga de protesta para demandar máis profesorado á Consellería de Educación. O aprazamento deste arranque de curso para o día 23 conlevou tamén o cambio de data da folga prevista pero deixou a convocatoria dunha concentración nas 24 principais localidades de Galicia.
En Pontevedra, a protesta iniciábase ás 19.00 horas na praza da Peregrina coa intención de mostrar a desconformidade da comunidade escolar coa xestión que a Xunta realizou no seu protocolo de volta ás aulas.
Á concentración sumábanse as confederacións de Anpas de colexios públicos de Galicia, ANPAS galegas e CONFAPA, ademais de organizacións estudantís como Erguer e ANEGA. Ao acto tamén asistiron os concelleiros nacionalistas do goberno local de Pontevedra Eva Vilaverde, Carmen Fouces e Demetrio Gómez.
Desde CIG-Ensino alertan de que diversos centros de ensino secundario de Pontevedra veranse obrigados a adoptar medidas ante os desdobramentos previstos. No caso do IES Valle Inclán sinalan que terán que utilizar biombos de separación entre os estudantes. Esta situación, segundo a fonte sindical, producirase tamén en todos os conservatorios de Galicia.
Pero ademais cinco institutos de Pontevedra veranse obrigados a recorrer á semipresencialidade no arranque do curso. Segundo os datos que os sindicatos lograron tras manter conversacións cos diferentes centros, tanto o IES Valle Inclán, como A Xunqueira I, o Luís Seoane, Montecelo e o Sánchez Cantón terán que alternar a educación presencial coa formación a través de internet, segundo as previsións que realizan.
Os sindicatos convocantes esixen á Xunta de Galicia que aplique a distancia mínima de seguridade en todos os centros e os desdobramentos en todas as etapas educativas para evitar contaxios entre o alumnado.
Relacionadas:
-
O TSXG rexeita obrigar á Xunta a establecer, de inmediato, mecanismos online para evitar contacto físico entre alumnado e docentes
Por Redacción |
-
O BNG apoia ao alumnado do Sánchez Cantón e Valle Inclán que protesta contra o bacharelato semipresencial
Por Redacción |
-
A Educación Secundaria volta cunha concentración para reclamar a contratación de máis profesores
Por Manu Otero |
-
Pais e estudantes do IES Sánchez Cantón mobilízanse por un bacharelato 100 % presencial
Por Manu Otero & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
Convocan unha protesta contra a semipresencialidade das clases de Bacharelato do Sánchez Cantón
Por Diego Espiño |
-
Queixas á Inspección Educativa polos horarios vespertinos establecidos no IES Frei Martín Sarmiento
Por Redacción |
-
Un positivo no colexio San Francisco de Vilagarcía confina a toda unha clase de Infantil e á profesora
Por Redacción |
-
Educación contratará preto de 2.000 docentes para atender as demandas expresadas desde os centros de ensino
Por Redacción |
-
Farán test PCR aos alumnos de 3 anos das Calasancias
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
A folga de educación aprázase unha semana
Por Redacción |
-
Estiman que o 80% do profesorado de infantil e o 60% de primaria non puido secundar a folga
Por Redacción |