O novo acceso peonil ao cemiterio da Raña, a piques de estrearse
Por Redacción
As obras para a creación dun novo acceso peonil ao Cemiterio da Raña e a mellora do muro que o colinda están a piques de rematar.
Estes traballos, que comezaron a executarse a finais de xullo pola empresa Viñas Blancas, teñen por obxecto crear un novo acceso para as persoas que acoden ao camposanto a través do exterior norte.
Antes da intervención, a veciñanza que acudía á Raña debía percorrer unha distancia de 170 metros cunha pendente do 13% nun camiño sen beirarrúas e cunha estrada de dobre sentido, o que podía producir situacións de perigo para os peóns. Deste xeito, o Concello quixo estudar cal era a mellor alternativa para ofrecer maior seguridade.
Dentro do proxecto, incluíuse o arranxo e a mellora do muro lateral, xa que se atopaba nunha situación deficiente e precisaba de mantemento. Neste momento, segundo fontes municipais, xa está a piques de rematar o enfoscado do muro e está previsto que a próxima semana xa se coloquen a porta e as barandas da escaleira.
Relacionadas:
-
Comezan as obras para a ampliación do Cemiterio da Raña cun novo columbario
Por Redacción |
-
Marín adxudica a mellora do camiño de Arealonga-O Marco na parroquia de San Xulián
Por Redacción |
-
Marín publica un bando para regular o acceso aos cemiterios no Día de Defuntos
Por Redacción |
-
O cemiterio municipal da Raña de Marín dispoñerá do novo acceso peonil no outono
Por Redacción |