Marín rinde homenaxe á lavandeira represaliada no 1936, Carmen Pesqueira
Por Redacción
A asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín organizou este martes o seu tradicional acto anual de homenaxe á lavandeira marinense, Carmen Pesqueira 'A Capirota'. O acto tivo lugar na praza da Capirota e contou coa presenza da alcaldesa María Ramallo, a concelleira Itzíar Tapia, representantes da asociación organizadora e familiares da homenaxeada.
Respectando todas as medidas de seguridade e hixiene, o evento consistiu nunha ofrenda flopar por parte dunha familiar de Carmen Pesqueira e o discurso da presidenta do colectivo marinense, Enriqueta Otero."Seguimos a lembrar a memoria da muller que se encarou aos golpistas que truncaron un tempo de esperanza que supuxo a II República para a oprimida clase traballadora. Lembramos tamén á súa compañeira Dolores Blanco Rodal, que ferida de bala puido fuxir polo monte e ser testemuña desta atrocidade. Dende aquí pedimos que a impunidade dea paso á xustiza e recordamos que o dereito á verdade e á reparación que esixen as vítimas é un deber moral da democracia española", declarou no seu discurso.
Pola extraordinaria situación sanitaria, nesta ocasión a organización tivo que prescindir dos habituais actos musicais e reducir a lista de participantes.