Cubela alerta da "extrema gravidade" que supón para os municipios a "incautación" dos seus aforros por parte do Goberno
Por Redacción
Jorge Cubela, portavoz do grupo provincial do Partido Popular, considera de "extrema gravidade" a situación na que quedarán os municipios coa medida do Goberno Central para "incautar" os remanentes dos Concellos. O popular mostraba así o seu malestar co apoio dado a esta decisión por parte da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que aprobaba a medida co voto de calidade do seu presidente, o alcalde de Vigo Abel Caballero.
Para o representante do PP, a decisión golpeará con total dureza os concellos da provincia de Pontevedra e entende que se trata dun ataque ao "extraordinario esforzo realzado polos gobernos locais desde o inicio da pandemia".
Cubela considera que a medida vai en contra da autonomía municipal consagrada na Constitución e poñerá en perigo "moitísimos proxectos que xa non se poderán desenvolver nos próximos anos".
Desde o PP lamentan o silencio da presidenta da Deputación, Carmela Silva, e Jorge Cubela afirma que a institución provincial non poderá usar os seus remanentes para sacar adiante proxectos de interese para Pontevedra.
Relacionadas:
-
O PP levará aos plenos unha moción para que os concellos poidan dispoñer dos remanentes de tesourería
Por Redacción |
-
A Xunta pide cambiar a Lei Montoro para que os concellos poidan gastar os seus remanentes
Por Oskar Viéitez |
-
Lores fai fronte común con Almeida, "Kichi" e outros sete alcaldes contra a "incautación" de remanentes prevista por Facenda
Por Oskar Viéitez |
-
Ofensiva do PP contra a "confiscación" dos remanentes dos concellos
Por Oskar Viéitez |
-
O PP pide á Deputación que exprese o seu rexeitamento a que o Goberno central se apropie dos aforros dos concellos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |