A Deputación obtén o certificado de xestión ambiental de AENOR
Por Oskar Viéitez
A Deputación de Pontevedra vén de coñecer que a entidade acreditadora AENOR outorga o prestixioso Certificado de Xestión Ambiental ao Pazo provincial.
Segundo a presidenta da institución, Carmela Silva, este recoñecemento é "un espaldarazo a todo o traballo desenvolvido no marco da nosa aposta polo medio ambiente e por dar cumprimento á Axenda 2030", sitúa á Deputación de Pontevedra como a primeira de Galicia en conseguilo e unha das poucas do Estado.
"Estamos moi orgullosas e orgullos porque volvemos a ser unha referencia e ponse en valor todo o esforzo realizado para converter á transición ecolóxica nun obxectivo transversal da acción do goberno" asegurou Silva.
A través do Certificado de Xestión Ambiental de AENOR, que recoñece a adecuación do sistema de xestión ambiental do Pazo provincial ás directrices da norma ISO 14001:2015, acredítase o "noso compromiso co medio ambiente, minimizando os impactos e favorecendo a mellor xestión dos recursos". A presidenta provincial tamén destacou o carácter "diferenciador competitivo" do distintivo, "danos credibilidade e confianza de cara ao exterior e implica que temos un compromiso de mellora continua en canto ás prácticas medioambientais".
Para alcanzar a acreditación medioambiental de AENOR púxose en marcha un sistema de xestión ambiental no Pazo provincial da Deputación centrado en dar cumprimento aos requisitos legais en xestión ambiental; sensibilizar e formar ás persoas, "motivándoas para que se sumen a este desafío imparable"; protexer ao medio ambiente, "minimizando o impacto dos nosos servizos a través dun uso sostible dos recursos, redución das emisións atmosféricas, mediante a segregación en orixe dos residuos xerados e comprometéndose coa prevención da contaminación"; e en seguir os obxectivos e accións de mellora continua.
De feito, a presidenta provincial aproveitou a ocasión para agradecer a implicación dos servizos provinciais e "o compromiso e traballo diario do persoal da Deputación, sen o cal non sería posible ter este certificado".
Relacionadas:
-
A Deputación, con 40 proxectos en marcha, cumpre coa Axenda Europea 2030 para un desenvolvemento sostible
Por Redacción |
-
A Deputación impulsa talleres para loitar contra o cambo climático dirixidos a escolares e ao sector agrogandeiro
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación reactiva as obras nos ecocentros de xestión de residuos para a súa estrea no verán
Por Redacción |
-
A Deputación implanta un modelo propio de boas prácticas medioambientais
Por Redacción |
-
Deputación e CSIC impulsan un estudo sobre a biodiversidade e os produtos locais da provincia
Por Redacción |