Rueda compromete unha reunión cos furancheiros para escoitar as súas reivindicacións
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz
O vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda comprometeuse coa Federación de Furancheiros, Loureiros e Viticultores de Pontevedra a manter unha reunión para escoitar as súas reivindicacións.
Este sector tradicional viuse afectado polo peche forzado polo estado de alarma durante boa parte dos únicos meses en que estes poden abrir as súas portas, polo que agora piden a "adopción urxente de medidas" que axuden a minorar o "importante prexuízo económico" que o peche forzado lles está producindo nas súas economías familiares.
Piden que se lles permita aos Furanchos e Loureiros poder abrir o máximo de 90 días que legalmente teñen recoñecido e que neste ano non estivo ao alcance da maioría deles polo peche forzado polo estado de alarma. E iso pasa por, de xeito extraordinario, levantar o límite temporal da actividade furancheira establecido no 31 de xullo, polo tempo necesario até chegar ao cómputo dos 90 días para aqueles Furanchos ou Loureiros que o poidan precisar.
Dende a administración local téñense adoptado medidas encamiñadas a facilitar que os furanchos e loureiros poidan abrir as súas portas o máximo tempo posible, dentro do período máximo de 90 días que se lle recoñece no Decreto 215/2012 da Xunta de Galicia que regula a súa actividade, pero as restricións no período de actividade contempladas nese mesmo decreto impiden que por parte dos equipos de goberno municipais poidan tomar máis iniciativas a favor do sector.
"Por supuesto les voy a escuchar, pero también a los hosteleros que tienen sus razones", dixo o vicepresidente
Este sábado a Federación protagonizou unha concentración diante da sede territorial da Xunta en Campolongo, e desde alí fixeron unha marcha polas rúas da cidade até a Praza da Ferrería coincidiron coa comitiva electoral do presidente do PP, Pablo Casado e na que se atopaba vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, momento aproveitado para reiterarlle verbalmente as peticións argumentadas de axuda, e que xa se lle tiñan remitido por escrito en distintas ocasións.
Ademáis de comprometerse a manter unha xuntanza, Alfonso Rueda advertiulles que "también les he explicado que hay que escuchar a todos los intereses que hay ahí y que están representados por las asociaciones de hostelería que también tienen su punto de vista". "Por supuesto les voy a escuchar, pero también a los hosteleros que tienen sus razones", dixo o vicepresidente.
Relacionadas:
-
Trece furanchos abrirán en Marín neste 2024
Por Redacción |
-
O PP saca peito das medidas dos hostaleiros e da Xunta para que Pontevedra sexa un destino turístico seguro
Por Redacción |
-
A Xunta invita os furancheiros a solicitar nos Concellos a apertura dos seus establecementos ata o 31 de xullo
Por Redacción |
-
Pontevedra solicita á Xunta que permita abrir os furanchos no verán
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
As familias furancheiras alertan de que perderán os remanentes de viño se non lles amplían as datas de apertura
Por Anxo Lourido |