Dúas persoas resultan feridas nunha colisión entre un turismo e unha moto en Poio
Por Redacción
Un accidente de tráfico saldábase ás 13 horas deste mércores 14 con dúas persoas feridas tras colisionar un turismo cunha moto á altura Da Pinela, nas proximidades de Combarro, no concello de Poio. Ata o lugar achegouse unha ambulancia medicalizada que trasladou aos feridos a un centro hospitalario e a Garda Civil de Tráfico.
En Cambados tamén se producía un accidente ás 15 horas. Neste caso, saldouse sen feridos. O accidente rexistrábase na estrada da Modia a Oubiña, no desvío de Cuíña. Un dos vehículos saíu no cruzamento e colisionar co circulaba pola estrada xeral, segundo informa Protección Civil de Cambados.
Por último, o helicóptero do servizo de Emerxencias tivo que desprazarse ata Moraña porque un home, nun accidente doméstico, sufría o corte dunha perna. A persoa ferida era trasladada a un centro hospitalario.