A Lama terá un viveiro de empresas
Por Redacción
O alcalde de A Lama, Jorge Canda Martínez, supervisou os traballos de roza da parcela municipal ubicada no polígono empresarial de Racelo onde en breve se construirá unha nave industrial que albergará o primeiro viveiro de empresas municipal.
Jorge Canda anunciou que o Concello conseguiu da Xunta de Galicia unha subvención de preto de 240.000 euros que permitirá a construción desta infraestrutura que estará especialmente destinada a impulsar o nacemento de proxectos empresariais no municipio.
A intención do equipo de goberno é ter esta infraestrutura industrial realizada canto antes co fin de que poda entrar en servizo e dar cabida a algún que outro proxecto empresarial que encaixaría nesta nave que se vai construír e que se porá a disposición daqueles emprendedores que cren emprego no municipio da Lama, máis concretamente no polígono industrial de Racelo.
Segundo Jorge Canda, "pretendemos contar cunha infraestrutura como esta ao servizo dos emprendedores do noso municipio coa intención de que enraícen os seus proxectos aquí ao tempo que favorezan a creación de emprego na Lama", asegurou o rexedor.
Esta iniciativa permitirá, pola vía do alugueiro, que un emprendedor teña un lugar idóneo e sin ter que facer un grande investimento inicial para arrancar, durante unha etapa inicial, a súa actividade económica e poder desplegar todo un volume de negocio que lle permita garantir un futuro estable para o seu proxecto e os traballadores que se incorporen a esa actividade.
Relacionadas:
-
Comezan as obras do viveiro de empresas no polígono de Racelo
Por Redacción |
-
Canda cuestiona as consecuencias na Lama de poñer ao dispor do Goberno os remanentes de tesourería
Por Redacción |
-
O Concello da Lama converterá en vivendas sociais as antigas casas dos mestres
Por Redacción |
-
O parque empresarial de Racelo xa ten beirarrúas en todo o polígono
Por Redacción |
-
O polígono industrial de Racelo medra coa instalación dunha fábrica de cervexa artesanal
Por Redacción |