Detido por trapichear con droga en Marín durante a noite de San Xoán
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional detiveron un home en Marín que foi sorprendido trapichando con droga durante a pasada noite de San Xoán.
Segundo informou a Policía Nacional, o individuo foi interceptado no marco do dispositivo de seguridade despregado no municipio con motivo desta festividade.
Ao detido incautáronselle 16 envoltorios de cocaína, disposta para a súa venda, unha pequena cantidade de MDMA (éxtase) e un fragmento de haxix.
Ao longo do dispositivo de San Xoán en Marín, a Policía Nacional efectuou seis propostas de sanción por tenencia ou consumo de substancias estupefacientes na vía pública.