Vaipolorío organiza unha actividade para coñecer a tradición das herbas de San Xoán
Por Redacción
A asociación ecoloxista Vaipolorío organiza para o vindeiro martes 23 de xuño unha sesión para coñecer os rituais da tradición das herbas de San Xoán na contorna do río dos Gafos.
A cita está prevista para as 19.30 horas en Ponte da Condesa, na parroquia pontevedresa de Tomeza. Amancio Castro, profesor de Ciencias Naturais e Educación Ambiental será o encargado de explicar as tradicións e costumes destas herbas.
O número de prazas para participar nesta iniciativa atópase limitado a 15. Aquelas persoas interesadas en formar parte desta actividade deberán reservar praza a través dunha mensaxe por Whatsapp no número de teléfono 676.842.942. A participación é gratuíta.
As persoas que asistan deberán cumprir coa normativa sanitaria e portar material de protección, ademais de manter distancias de seguridade.
Relacionadas:
-
A Música en directo, as actividades lúdico-deportivas e a gastronomía, protagonistas do San Xoán de Caldas
Por Redacción |
-
Aberto o prazo para que a hostalería de Marín solicite asadores para a noite de San Xoán
Por Redacción |
-
Denuncian a pasividade das administracións coas verteduras de fecais ao río Gafos
Por Oskar Viéitez |
-
Alumnado do Centro agroforestal de Lourizán colabora con Vaipolorío na mellora da contorna do Gafos
Por Anxo Lourido |