Ponte Caldelas abre o prazo para autorizar cacharelas particulares
Por Redacción
Todos os particulares que desexen facer unha fogueira de San Xoán ou San Pedro neste 2020 deben comunicalo no Concello de Ponte Caldelas antes do venres 19 de xuño.
A comunicación pode presentarse a través da sede electrónica ou no Rexistro do Concello solicitando cita previa no teléfono 986750013 extensión 1.
Este ano só se poderán celebrar as fogueiras tradicionais de particulares en fincas privadas.
Todas as persoas que desexen realizar a fogueira deberán contar coas correspondentes medidas de seguridade e a finca na que se prenda a cacharela debe estar perfectamente acondicionada para a cuestión.