O campo de fútbol da Ran estará rematado en tres semanas
Por Redacción
As obras de remodelación do campo de fútbol da Ran, en Cuntis, estarán concluídas nun prazo de tres semanas, segundo o anunciado polo presidente da Deputación, Rafael Louzán, na súa visita ao estadio acompañado do alcalde de Cuntis, Antonio Pena.
Cun presuposto próximo ao millón de euros, os traballos centráronse na ampliación do terreo de xogo, reforma das instalacións e mellora da zona anexa, ademais da instalación de céspede artificial.
As obras supuxeron a construción dunha bancada cuberta con capacidade para 328 espectadores con vestiarios, oficinas ou almacén, completado coa instalación dun marcador electrónico ou un sistema de rego e drenaxe.
Ademais realizáronse tarefas de urbanización da parcela, axardinamento de zonas verdes e habilitouse un aparcadoiro pavimentado.