De maior quero ser... mariscador
Por Diego Espiño
"¡Mira ahí va una langosta!". Non era unha lagosta pero diso tratábase, de ensinar aos máis pequenos as interioridades do marisqueo e poder así diferenciar as clases de marisco que se poden capturar na Seca.
Máis de 200 nenos que participan estes días en Ludodeporte e o Campamento de Verán das Escolas Deportivas de Poio pasaron unha mañá xunto ás mariscadoras, os que lles mostraron dende as ferramentas que usan diario ata a lonxa e a depuradora á que acoden ao cumprir a cota diaria de capturas.
A idea, segundo a coordinadora da ludoteca Mercedes Carramal, céntrase en "acercar aos nenos as tradicións e os oficios do mar".
Tan involucradas na tarefa como os propios nenos, as mariscadoras, contentas de ensinar a súa profesión a uns pequenos que en moitos casos son os seus familiares, tal e como recoñece Ángela García: "hai fillos de mariscadoras, hai netos... aquí todos vivimos do mar, a maioría, e así coñecen de onde vimos, o que pasaron as nosas nais e as nosas avoas".
Iso si, a pesar da diversión, moitos dos nenos non ven claro o seu futuro na profesión a teor do confesado a unha das profesoras improvisadas: "son nenos pequenos, polos a traballar un pouco co rastrillo e xan din eles 'moito traballo esto para nós'".