A lonxa de Bueu xa conta co seu novo sistema de evacuación de augas sucias
Por Redacción
Portos de Galicia dá por finalizadas as obras de instalación dun novo sistema de bombeo de augas sucias na lonxa de Bueu. Os traballos consistiron na substitución das bombas existentes por outras específicas para a evacuación de augas residuais, así como na instalación dun novo cadro de mando máis funcional.
Esta actuación ten un dobre obxectivo. Por unha banda, modernizar a instalación e permitir unha maior eficiencia enerxética cun sistema informático que alerta ante calquera incidente e rebaixa nun 40% o consumo eléctrico e, por outro, aumentar a capacidade da estación ao ofrecer un maior volume de evacuación.
No porto de Bueu tamén están en execución traballos de reparación da escaleira de gato do peirao de mexilloeiros, unha actuación que inclúe a reposición das defensas laterais das escaleiras e equipamentos de seguridade.
Relacionadas:
-
O sector pesqueiro e marisqueiro da ría de Pontevedra mantén a esperanza pola recuperación da actividade
Por Oskar Viéitez |
-
Baldeo con lixivia das lonxas de Portonovo e Campelo
Por Oskar Viéitez |
-
As lonxas recibirán máscaras para previr contaxios durante as poxas
Por Redacción |
-
O sector do mar, en xaque polo coronavirus: "Os prezos son horribles. É unha barbaridade"
Por Alejandro Espiño |