Reabren o punto limpo móbil de Poio con parada en Combarro
Por Redacción
O estado de alarma obrigaba a suspender a actividade do punto limpo móbil de Poio, apenas dous meses despois da súa estrea. Este martes, de acordo coas medidas de desescalada, a caseta de recollida de residuos voluminosos e perigosos do fogar retomaba a súa actividade.
A reapertura tivo lugar na avenida de Chancelas, en Combarro, na explanada situada á altura do acceso desde a PO-308 ao CEIP Chancelas e o cemiterio municipal.
Ao longo da mañá deste martes, foron varios os veciños que se achegaron para depositar todo tipo de restos, desde impresoras ata antenas parabólicas, pasando por electrodomésticos ou cadeiras e mesas metálicas.
A partir deste momento, o itinerario do depósito móbil mantense de acordo co calendario establecido a principios de ano, cando se empezou a ofrecer este servizo. Deste modo, o punto limpo móbil continuará habilitado en Combarro ata o vindeiro xoves 21 de maio.
A próxima semana pasará a prestar servizo na Praza Alfredo Romay de Samieira (os días 26 e 27 de maio) e na Rúa Leopoldo Nóvoa de Raxó (28 e 29 de maio). De cara ao mes de xuño, permanecerá operativo en Lourido (San Salvador) entre o 2 e o 4 de xuño, mentres que na Seca estará aberto os días 9, 10 e 11.
O Concello lembra que o servizo é gratuíto para toda a veciñanza de Poio e que o horario será o habitual, entre as 9.00 e as 14.00 horas.
Seguindo as instrucións de seguridade marcadas polo Goberno central, nos puntos limpos garántense as medidas sanitarias e de distanciamento necesarias para evitar contaxios polo coronavirus. Por unha banda, o operario encargado de xestionar a recollida conta co pertinente material de protección e, por outra, as casetas contan con xel hidroalcólico a disposición dos usuarios, aos que se lles recomenda que tenten usar luvas e máscara á hora de depositar os restos.
Relacionadas:
-
O Punto Limpo Móbil de Poio superou os 800 usuarios
Por Redacción |
-
O uso do Punto Limpo Móbil de Poio incrementouse en máis dun 36% desde a súa reapertura
Por Redacción |
-
O Concello ampliará a superficie de estacionamento en Combarro e creará prazas para residentes
Por Redacción |
-
O Punto Limpo Móbil de Poio retomará o martes a súa actividade
Por Redacción |
-
Poio avanza na desinfección de zonas sensibles do municipio
Por Redacción |
-
Máis de 30 residentes en Poio utilizaron en xaneiro o Punto Limpo Móbil
Por Redacción |
-
Un punto limpo móbil percorrerá todas as parroquias de Poio
Por Redacción | Creada e actualizada