Máis de 30 residentes en Poio utilizaron en xaneiro o Punto Limpo Móbil
Por Redacción
Nas primeiras semanas que leva en funcionamento o Punto Limpo Móbil de Poio xa logrou recoller un importante número de residuos procedentes dun total de 32 residentes nas parroquias de San Xoán, Combarro, Samieira e Raxó.
Segundo a empresa encargada da xestión da recollida de residuos, Valoriza, a maior parte dos obxectos entregados pertencían a mobiliario ou a electrodomésticos, entre os que se atopaban televisores, lavadoras, unha torre de son, ademais de chatarra, pilas, butacas, produtos téxtiles, alfombras ou lámpadas.
Desde o goberno local faise unha avaliación positiva destas primeiras semanas de funcionamento nas que se rexistraron xornadas de inclemencias meteorolóxicas que dificultaron a entrega destes residuos.
O Punto Limpo Móbil continuará este mes con actividade. Desde este martes 4 ata o xoves 6 permanecerá operativo en Lourido. Entre o 11 e o 13 de febreiro volverá á zona da Seca, en San Xoán. Mentres que do 18 ao 20 instalarase nas inmediacións do cemiterio de Chancelas, en Combarro.
Os días 25 e 26 de febreiro situarase na Praza Alfredo Romay de Samieira e os días 27 e 28 na Rúa Leopoldo Nóvoa, en Raxó. O horario de atención ao público é de 10.00 a 14.00 horas. O servizo é gratuíto para a veciñanza, previa presentación do DNI.
Para os mobles e electrodomésticos de gran tamaño é necesario poñerse en contacto co teléfono 986.771.185, en horario de 09.00 a 13.00 horas, de luns a venres. O Punto Móbil non recolle lixo orgánico, industrial, agrícola ou gandeira, pneumáticos, produtos farrmacéuticos ou restos de obra.
Relacionadas:
-
Poio pecha o primeiro semestre con máis de 500 usuarios do Punto Limpo Móbil
Por Redacción |
-
Reabren o punto limpo móbil de Poio con parada en Combarro
Por Redacción |
-
Ata 100.000 euros de multa por verteduras ilegais
Por Redacción |
-
O Punto Limpo Móbil xa está a disposición da veciñanza de Poio
Por Redacción |