Amplían o alumeado público en Viascón cunha achega da Deputación
Por Redacción
Algo máis de 24.000 euros servirán para ampliar a rede de alumeado público en Viascón, segundo informa a Deputación de Pontevedra, que entregará estes cartos ao Concello de Cerdedo-Cotobade dentro do programa do Plan Concellos 2020.
Esta actuación prevé prolongar o alumeado xa existente instalando seis báculos máis das mesmas características dos que xa están en funcionamento.
A este proxecto, o goberno municipal sumará a mellora de camiños de acceso a parcelas agrícolas no núcleo rural de Cabanelas. A achega da Deputación será de 17.000 euros.
Con esta obra realizaranse labores de ampliación, mellora e mantemento en camiños de acceso a parcelas agrícolas ata o núcleo rural de Cabanelas.
A lonxitude da actuación será de 1.105 metros lineais e 4,20 metros de ancho.
Relacionadas:
-
Cerdedo-Cotobade mellorará a visibilidade entre A Rocha e Viascón con novos puntos de luz
Por Redacción |
-
Reforzo da iluminación pública na contorna da N-541 en Viascón
Por Redacción |
-
O Plan de Vías 2020 comeza coa renovación dunha pista en Viascón
Por Redacción |
-
Melloras de pistas con instalación de varandas de seguridade en Viascón
Por Redacción |