Monte Porreiro, A Parda, Os Gafos e O Peirao, seguintes paradas na posta a punto de parques e xardíns
Por Redacción
Devolver aos espazos verdes da cidade o aspecto que tiñan antes do inicio do estado de alarma é a intención na que segue traballando o departamento de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural do Concello de Pontevedra. As diversas contratacións que a tales efectos se realizaron supoñen un importe que se achega aos 12.000 euros.
Xa se realizou unha sega do noiro do Campiño de Santa María, así como roza e acondicionamento de espazos axardinados nos barrios de Mollabao e Fontensanta. Estes días e en diante contémplase rozar a desembocadura do río de Os Gafos, así como os xardíns con céspede e flores do noiro de Montero Ríos; facer unha sega e acondicionamento nas zonas verdes da urbanización de Monte Porreiro e do barrio da Parda; limpeza integral e corte de herba en zonas de verdes da contorna de Valentín García Escudero, da rúa do Peirao e das vivendas sociais entre Buenos Aires e Sierra.
Durante estas semanas de confinamento fixéronse tarefas de mantemento para evitar focos de infección e "nos últimos días intensificáronse co obxectivo de que pequenos, adultos e maiores poidan gozar destes espazos nas mellores condicións" sinalou Iván Puentes, concelleiro delegado do Servizo de Parques e Xardíns.
Relacionadas:
-
Pontevedra estrea maquinaria de 'cero emisións' para conservar os seus xardíns
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Roza e limpeza das sendas da Xunqueira de Alba para facilitar os paseos
Por Redacción |
-
O Concello proxecta construír un parque canino nos antigos terreos de Tafisa
Por Oskar Viéitez |
-
Reparan farois e semáforos danados ou avariados para preparar a cidade para a desescalada
Por Redacción |
-
O parque infantil da Rúa dos Soutos estrea a súa renovada imaxe
Por Redacción |
-
As Marismas de Alba presentan xa unha renovada rede de sendas peonís
Por Redacción |
-
Aproveitan a corentena para arranxar os parques infantís de Campolongo, Pasarón e Maruja Mallo
Por Oskar Viéitez |